A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia |
| "María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno. |
| Hora: 10:00 |
Periodo: Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
|
 |
Xogamos co inglés |
| Actividade para achegar os cativos e cativas á lingua inglesa a través dos xogos. Forma parte do programa "Xogamos coas linguas", impartido por voluntariado europeo. |
| Hora: 11:00 |
Periodo: Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 11:00 e 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. Inscrición previa.
|
 |
Sábados creativos en Conxo |
| Os sábados creativos son unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa expresividade a través das artes plásticas. |
| Hora: 12:00 |
Periodo: Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. É necesaria a inscrición previa.
|
 |
Conto musical "Animaladas" |
Os profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela representarn un conto musical que ten como finalidade amosar dun xeito lúdico aos nenos e ás familias a variedade de instrumentos existente no mundo da música clásica.
O conto, escrito por Elena López Felpeto, trata de cómo un grupo de animais (representados polos diferentes instrumentos musicais) acompañados pola fada Marcelina se poñen mans á obra nunha viaxe polo mundo para salvar as desfeitas no planeta causadas pola contaminación. |
| Hora: 12:00 |
Periodo: O sábado 13 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
|
 |
Curso de danza renacentista para educadores de música |
Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle este curso, que combina a práctica dalgunhas danzas concretas do período renacentista con explicacións teóricas para comprender o seu contexto histórico-artístico.
O curso vai dirixido a todo tipo de profesionais do ensino da música, así como a estudantes de calquera nivel ou ámbito relacionado co ensino musical. A profesora Eva Najeros fará un percorrido por cuestións como a retórica da música e do corpo e as danzas dos séculos XV e XVI. Todo isto complementado con contidos eminentemente prácticos. Os participantes aprenderán os pasos de danzas como A Bassadanza e as súas variantes, a danza italiana no século XV (O Ballo) ou a suite de Branles. |
| Hora: 17:30 |
Periodo: Do 12 ao 14 de marzo, na Escola Municipal de Música.
|
 |
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C |
| A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas. |
| Hora: 20:00 |
Periodo: Ata o 21 de maio, na Zona "C".
|
 |
Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade |
| Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade. |
| Hora: 21:00 |
Periodo: O sábado 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
|
 |